A Deputación estrea o seu primeiro aseo adaptado para persoas ostomizadas

Pontevedra
30 de outubro 2020

O proxecto, que xa é unha realidade, enmárcase na colaboración establecida coa Asociación Socio Sanitaria Educativa de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (ASSEI) e na importancia de visibilizar ás persoas con estoma, dúas mil na provincia de Pontevedra

Aseo adaptado para ostomizados no edificio administrativo da Deputación

 O edificio administrativo da Deputación de Pontevedra conta desde este venres cun aseo adaptado para persoas ostomizadas.

O proxecto, que xa é unha realidade, enmárcase na colaboración establecida coa Asociación Socio Sanitaria Educativa de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (ASSEI) e na importancia de visibilizar ás persoas con estoma, dúas mil na provincia de Pontevedra.

O espazo, situado no andar baixo do edificio, está perfectamente equipado e conta cun aparato sanitario adaptado, lavabo adaptado e todos os demais útiles e mobiliario necesarios. 

A asociación fixo un proxecto propio de baño adaptado que trouxo de Xapón, baseado no modelo da marca Totto, segundo informa a Deputación.

Outro destes aseos será instalado no Museo de Pontevedra.