Despois do éxito obtido o pasado curso ao abeiro do programa "DepoEmprende na Escola", a Deputación de Pontevedra porá en marcha este curso, que está a piques de comezar, unha nova edición do programa que chegará a 15 centros de educación primaria e especial.
Por primeira vez, este ano o programa expándese tamén aos centros de formación secundaria a través dunha experiencia piloto na que participarán outros seis institutos da provincia de Pontevedra.
Será baixo o selo de "DepoEmprende na Escola – ESO". Entre os centros beneficiarios está o IES Luís Seoane, en Pontevedra, que terá que xestionar unha cooperativa de comercio exterior na que intercambiarán produtos con cooperativas de alumnado doutras rexións ou mesmo países.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou a súa satisfacción "pola excelente acollida" desta iniciativa que fomenta a actitude emprendedora dos máis novos.