A empresa Narom fará as obras da senda entre Coirados e Pardavila

Marín
03 de xuño 2020

Os traballos na estrada PO-313 foron adxudicados por un importe superior aos 570.000 euros e o obxectivo é inicialos a mediados de agosto

Alfonso Rueda e Ethel Vázquez visitan a nova senda peonil entre Vilaseca e Lapamán Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar á empresa Narom a execución dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-313, entre Coirados e Pardavila, no concello de Marín.

Os traballos na estrada PO-313 foron adxudicados por un importe superior aos 570.000 euros e o obxectivo é inicialos a mediados de agosto.

Ademáis ven de convocar os propietarios dos terreos afectados para o pago dos depósitos previos e a formalización das actas de ocupación.

Os actos expropiatorios realizaranse na Casa do Concello seguindo o estrito protocolo de medidas preventivas por mor da covid-19.

Trátase dunha senda duns 2 quilómetros pola marxe esquerda desta estrada autonómica, desde a saída de Marín e conectando coas beirarrúas existentes ata Pardavila, unha vez pasado o enlace da Variante de Marín. Tamén se executará unha pequena plataforma para salvar o rego ao comezo desta vía e outras obras complementarias, como a nova rede de drenaxe, a mellora da intersección cun carril central e un cambio de sentido.