A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima

Pontevedra
29 de xullo 2020

Estas persoas traballarán en diferentes adegas da zona do Salnés que colaboran coa entidade para realizar a campaña da vendima deste ano. O prazo de recepción de curriculums estará aberto ata o 18 de agosto

Unha persoa traballando na vendima Fundación Amigos de Galicia

A Fundación Amigos de Galicia pon en marcha un ano máis o "Programa de Inserción Laboral" – Campaña da Vendima 2020, co principal obxectivo de conseguir a inserción de persoas con dificultades para atopar traballo.

Estas persoas traballarán en diferentes adegas da zona do Salnés que colaboran coa entidade para realizar a campaña da vendima deste ano.

Para iso, Fundación Amigos de Galicia, abriu o prazo de recepción de currículos para que as persoas interesadas presenten a súa candidatura. A ligazón de inscrición para a campaña atópase na páxina web da entidade.

As persoas interesadas tamén poden presentar a súa candidatura enviando un curriculum ao correo orientacion@fundacionamigosdegalicia.org.

O prazo de recepción estará habilitado ata o 18 de agosto.

Este programa é posible grazas á colaboración das adegas, que un ano máis mostran a súa responsabilidade social cos veciños da súa comarca e que inclúen no seu persoal a usuarios das comarcas de Pontevedra e O Salnés que están inscritos na Axencia de Colocación da Entidade.

Como consecuencia da situación actual, como medida de prevención e contención do coronavirus, este ano desde a entidade non se coordinará o desprazamento en coche compartido desde Pontevedra ou os viñedos, tal e como se fixo en anteriores campañas.