A Garda Civil intercepta unha furgoneta de transporte escolar conducida por un taxista que deu positivo en drogas

Pontevedra
24 de febreiro 2022

O condutor, que deu positivo indiciario en opiáceos e metanfetaminas, enfróntase a unha sanción de 1.000 euros e a perda de 6 puntos do permiso de conducir

A Guardia Civil detén en Vilaboa o conductor dunha furgoneta escolar despois de dar positivo en drogas
A Guardia Civil detén en Vilaboa o conductor dunha furgoneta escolar despois de dar positivo en drogas

A Garda Civil denunciou a un veciño de Pontevedra que foi sorprendido cando conducía un furgón-taxi, en servizo de transporte escolar, baixos os efectos de estupefacientes.

A infracción detectouse onte, sobre as 14 horas, á altura do quilómetro 5+800 da estrada N-550, no municipio de Vilaboa, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa, interceptou unha furgoneta de transporte escolar que levaba, nese momento, tres alumnos.

O vehículo era conducido por un home de 49 anos, que ao ser sometido á proba de detección de drogas deu resultado positivo indiciario en opiáceos e metanfetaminas.

Ante estas circunstancias, procedeuse á inmobilización provisional do vehículo ata a chegada doutro condutor alternativo.

O condutor da furgoneta foi denunciado por unha presunta infracción moi grave que, de confirmarse os resultados positivos, conleva unha sanción económica de 1.000 euros e a perda de 6 puntos do permiso de conducir.