A humanización de Jaime Janer xa está lista

Marín
02 de abril 2015

A falta de pequenos remates, a rúa xa quedou accesible. ao retirarse os valos que protexían as beirarrúas da zona de calzada. De todos os xeitos para o seu uso habitual haberá que esperar ata o próximo luns e, por prudencia, non se permitirá ata o fin de semana o acceso a garaxes e ao tráfico rodado para poder circular e permitir que os taxis ocupen a súa parada recupérese a zona de carga e descarga

Rúa Jaime Janer ao remate das obras de humanización Concello de Marín

As obras de humanización da rúa Jaime Janer de Marín déronse por rematadas este mércores despois dun mes e medio de traballos a cargo da empresa adxudicataria, Oresa.

Segundo informou o Concello, a falta de pequenos remates, a rúa xa quedou accesible, ao retirarse os valos que protexían as beirarrúas da zona de calzada. De todos os xeitos para o seu uso habitual haberá que esperar ata o próximo luns e, por prudencia, non se permitirá ata o fin de semana o acceso a garaxes e ao tráfico rodado para poder circular e permitir que os taxis ocupen a súa parada e se recupere a zona de carga e descarga.

A intención do Concello de Marín é facilitar o percorrido das procesións de Xoves e Venres Santo, tanto para o paso dos fieis e imaxes coma para que as persoas que se acheguen a presencialas o poidan realizar de xeito máis cómodo.

O tráfico quedará tal e como se fixou coa finalización da rúa Almuíña, de sentido único de baixada. Poderase circular cando xa se retiren a totalidade dos valos.

O Concello recorda que esta obra é unha nova reforma que se engade a mellorar os espazos urbanos e foi financiada integramente pola Deputacion de Pontevedra, ao igual que a humanización da rúa Almuiña. Ademais das actuacionmes visibles, realizouse a renovación de todos os servizos existentes