A Policía Local do Grove intensifica os controis nas praias

O Salnés
23 de xullo 2020

Están realizando continúas revisións e controis que buscan comprobar que se están cumprindo as indicacións sanitarias, especialmente no relativo ao emprego da máscara e ao mantemento da distancia de seguridade nos areais

Control da Policía Local do Grove nas praias

Os controis nas praias do Grove esténdense por todos os areais do municipio, non só os principais e máis concorridos.

A Policía Local iniciou un roteiro por diversos areais para asegurarse de que se cumpren as medidas sanitarias recomendadas.

En concreto os axentes prestan especial atención ao uso de máscaras e ao mantemento da distancia de seguridade nas diferentes praias.

Así, nos últimos días a Policía realizou controis en praias como Burato da Londra, As Pipas, Sexeiliños e na praia canina do Espiño.

En todos os casos, confirma o Concello do Grove, a Policía Local realizou funcións informativas agradecendo o respecto ás normas por parte da gran maioría de usuarios.