A rehabilitación integral do IES Illa de Tambo implica un investimento de máis dun millón de euros

Marín
04 de setembro 2019

A actuación, que forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia, supón un aforro do 72,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 80,20% en emisións de CO2

Visita da conselleira de Educación, Carmen Pomar, ás obras do IES Illa de Tambo Xunta de Galicia

Carmen Pomar, concelleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, visitou durante a mañá deste mércores o IES Illa de Tambo de Marín con motivo das obras de rehabilitación integral que se están realizando nel.

Durante a visita, a concelleira destacou as accciones que inclúe o plan de mellora do instituto. Por unha banda, para mellorar a eficiencia enerxética estase illando a fachada, renovando o illamento das cubertas no edificio administrativo e no aulario, e revestíndose o interior das fachadas e da cuberta do ximnasio.

Tamén estanse cambiando as xanelas, intalándose novas persianas con illamento, renovándose a iluminación con equipos de alta eficiencia enerxética e instalándose unha nova sala de caldeiras de biomasa.

Con respecto ás melloras funcionais, estanse sustituíndo os falsos teitos en mal estado, limpiando e pintando os pavimentos interiores e mellorando as instalacións de electricidade. Así mesmo, estase construíndo unha rampla de acceso ao ximnasio para mellorar a accesibilidade.

A actuación, que forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas da Xunta de Galicia, supón un investimento de máis dun millón de euros e un aforro do 72,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 80,20% en emisións de CO2.