A residencia de maiores de Ribadumia, intervida tras 25 contaxios da covid-19

O Salnés
28 de outubro 2020

A Xunta de Galicia interveu a residencia que a compañía DomusVi ten no municipio pontevedrés de Ribadumia, na que a día de hoxe hai rexistrados 25 casos positivos por covid-19. O goberno galego confirma que hai 20 usuarios contaxiados e cinco traballadores

Residencia DomusVi en Ribadumia
Residencia DomusVi en Ribadumia / DomusVi

A Xunta de Galicia interveu a residencia que a compañía DomusVi ten no municipio pontevedrés de Ribadumia, na que a día de hoxe hai rexistrados 25 casos positivos por covid-19. O goberno galego confirma que hai 20 usuarios contaxiados e cinco traballadores.

Tras avaliar a situación da residencia, as consellerías de Sanidade e Política Social adoptaron a medida de intervir a residencia para garantir a calidade asistencial e a "correcta protección" da saúde dos maiores ingresados nela e do seu persoal.

Un equipo de profesionais do Servizo Galego de Saúde xa se desprazaron ao centro e encárganse de facer un seguimento médico "permanente", segundo a Xunta de Galicia, sobre a situación dos residentes e de que haxa unha "adecuada" atención sanitaria.

Ademais, este equipo encárgase tamén de supervisar a aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene aprobadas polas autoridades sanitarias.