A seguridade comeza a achegarse a PO-308

Poio
23 de outubro 2015

O delegado da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, indicou que cando o Concello de Poio informe da posibilidade de expropiación dos terreos vai avanzarse para que en 2016 poidan adxudicarse as obras

Inicio do estaqueado do primeiro treito da PO-308 (arquivo) Xunta de Galicia

Coas marcas dos terreos que van ser necesarios para executar as sendas da parroquia de Raxó comezaron as obras de mellora do primeiro tramo da estrada PO-308 ao seu paso por Poio. O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, asistiron a este acto que fora demandando polos veciños de Poio para mellorar a seguridade.

Durante esta primeira xornada levouse a cabo a colocación de estacas, tal e como sinalou Cores Tourís que indicou que tan pronto como o Concello informe da posibilidade da expropiación dos terreos irase executando o proxecto para poder adxudicar a obra durante 2016.

As obras que se van a acometer supondran uns 200 metros de expropiación de parcelas municipais, a execución de dous muros de contención e a creación dunha pasarela elevada na curba da baixada á praia de Fonte Maior, que permitirá manter o lavadoiro, segundo explicou Cores Tourís.

O pasado 17 de xaneiro chegouse a un acordo entre o goberno autonómico e o Concello de Poio para mellorar a estrada PO-308.

Segundo informa a Xunta de Galicia, o goberno galego investiu nos últimos anos 1,5 millóns de euros en obras neste tramo coa mellora de interseccións na zona de Combarro ou a renovación da capa de rodaxe na denominada "curva dous cotos".