A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta, a sábado 18 de setembro, con 160 casos activos de coronavirus, segundo reflicte a actualización oficial de datos ofrecida polo Servizo Galego de Saúde.
Esta cifra supón un descenso de 17 casos con respecto ao venres, despois dunha xornada na que se sumaron ás estatísticas 21 altas epidemiolóxicos e só 4 novos contaxios.
Desta forma mantense a tendencia á baixa das últimas semanas, unha tendencia que tamén se nota nos hospitais. Así, aínda que a cifra total de ingresados sobe nunha persoa ata os 8 pacientes afectados de covid, o certo é que a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo quedou cun único ocupante con positivo activo (dous menos), volvendo a niveis que non se vían desde principios do mes de xuño.
O resto de hospitalizados (7) evolucionan en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Desde o inicio da pandemia superaron a infección 21.002 persoas na área sanitaria, rexistrándose 202 falecementos de pacientes con positivo activo.
Nas últimas 24 horas, sinala o Sergas, realizáronse 153 probas PCR.