A Xunta impoñerá o bus urbano en Pontevedra e descontarallo ao Concello

Pontevedra
06 de abril 2019

Ethel Vázquez dixo que a administración autonómica asumirá este servizo xa que o Concello "renuncia a cumprir o seu deber" e "como non o presta, prestarao a Xunta de Galicia"

A conselleira Ethel Vázqueze o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, anunciou este venres en rolda de prensa a apertura do proceso de licitación das 27 liñas do transporte metropolitano de Pontevedra, que abarca todos os percorridos pola capital e dos municipios de Marín, Poio e Vilaboa.

Ethel Vázquez dixo que a administración autonómica asumirá este servizo xa que o Concello "renuncia a cumprir o seu deber" e "como non o presta, prestarao a Xunta de Galicia".

Ademais, a conselleira engadiu que Pontevedra "deberá pagar" polo que descontará ao Concello a cantidade correspondente do diñeiro que recibe a cidade do Lérez a través do Fondo de Cooperación Local.

Ethel Vázquez espera que estea activo a partir de agosto, unha vez adxudicados os contratos das liñas de transporte. Non se saberá aínda canto custa ao usuario xa que "dependerá das ofertas" que se presenten.

A titular de Infraestruturas indicou que os contratos tamén contemplan os mecanismos de colaboración para que os servizos póidanse reforzar coas liñas de autobús que dean cobertura de transporte dentro do termo municipal e que decida poñer en marcha o Concello ou a Deputación.

A conselleira destaca que se primará a calidade nas ofertas. Así, teranse en conta aspectos como a renovación da frota, o coñecemento da zona e o tempo de resposta ante posibles incidencias. Os contratos inclúen cláusulas sociais nos que se blinda a subrogación de empregados.