A Xunta licita a construcción de 13 sendas na comarca de Pontevedra

Pontevedra
26 de xuño 2017

O contrato, cun investimento de preto de 253.000 euros, terá un prazo de 12 meses para a súa redacción, coa fin de que os primeiros documentos estean redactados a comezos do vindeiro ano para iniciar a licitación das obras

A conselleira Ethel Vázquez Mónica Patxot

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar o contrato de servizo para a redacción dos proxectos de construción de 13 sendas peonís e ciclistas na comarca de Pontevedra e concellos limítrofes, nas que a Xunta inviste un orzamento duns 3 millóns de euros.

O contrato, cun investimento de preto de 253.000 euros, terá un prazo de 12 meses para a súa redacción, coa fin de que os primeiros documentos estean redactados a comezos do vindeiro ano para iniciar a licitación das obras. 

Estas obras, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Entre os itinerarios previstos están actuacións na PO-308 que, unidas aos treitos xa previstos no Plan do Salnés, permitirán executar 6,5 quilómetros de sendas peonís só no concello de Poio

Tamén se actúa sobre a PO-531, a estrada de Vilagarcía, ao recoller sendas en Sequeiros, A Devesa e O Freixo, uns proxectos coordinados coas restantes actuacións de seguridade viaria que se están a executar neses puntos.

  • Fontenla-Combarro, PO-308, Concello de Poio.
  • Combarro-Chancelas- Samieira, PO-308, Concello de Poio.
  • Portosanto, na PO-309 e en Tarrío, na PO-303, Concello de Poio.
  • O Freixo, na PO-531, no Concello de Pontevedra.
  • A Devesa-Bretoña, na PO-531, no Concello de Pontevedra.
  • A Piolla-O Couso-O Sobral, na PO-223, no Concello de Pontevedra.
  • Pazos, na PO-542, no Concello de Pontevedra.
  • Alba-San Caetano, na PO-225, no Concello de Pontevedra.

 

Estas actuacións están enmarcadas na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, co obxectivo de incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas, e promover a mobilidade sustentable.