A Xunta licita a mellora da estrada entre Antas e Seixido

A Lama
29 de novembro 2017

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a licitación da primeira fase da mellora na estrada PO-235, entre Antas e Seixido, cun orzamento de case 600.000 euros, co fin de iniciala no primeiro trimestre de 2018

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez visita A Lama Xunta

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo este miércoles un encontro de traballo co alcalde da Lama, Jorge Canda, ao que lle trasladou que o Diario Oficial de Galicia publica este mércores a licitación da primeira fase da mellora na estrada PO-235, entre Antas e Seixido, cun orzamento de case 600.000 euros, coa intención de iniciala no primeiro trimestre de 2018.

A actuación, cun prazo de execución de 6 meses, consiste no ensanche e mellora desta estrada en varios puntos entre os núcleos de Antas e Seixido, co fin de mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación.

As obras previstas na primeira fase comprenden a ampliación de varios pontóns para acadar un ancho de 8 metros, o que permitirá ampliar a calzada e dispoñer beiravías e peitorís de contención. 

Procederase tamén á reposición da rede de saneamento existente no núcleo de Seixido, que se ve afectada pola obra.

Paralelamente, a Xunta avanza na redacción do proxecto da segunda fase das obras, que permitirá completar o acondicionamento da estrada mediante un investimento de 1,5 millóns de euros.