A delegación da Xunta en Campolongo acolleu este martes a segunda reunión entre Xunta e Concello de Poio para abordar a mellora da seguridade na estrada PO-308 que comunica Pontevedra e Sanxenxo pola costa.
Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reclamaron ao goberno local que poña a disposión os terreos que faltan para poder acometer unha serie de obras nos puntos que se consideran máis con conflitos como son os cruzamentos cara ao centro Xaime Illa ao ao alto de Raxó e no desnivel en Conservas Camping.
A Administración autonómica dispón xa das tres cuartas partes dos terreos necesarios para poder construír beirarrúas, pero pide ao goberno local que expropie os terreos restantes para poder actuar.
Non obstante, o alcalde, Luciano Sobral, recorda anteriores incumprimentos da Xunta co Concello de Poio e esixe que primeiro poñan sobre a mesa o proxecto construtivo de toda esta reforma co financiamento correspondente.
Pola súa banda, o voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, reclamou "compromisos e implicación" por parte do goberno local e "que dean o paso e fagan os seus deberes conseguindo os terreos".