A Xunta presentará o mércores o proxecto de reordenación dos accesos ao porto de Raxó

Poio
07 de febreiro 2022

O ente público investiu 18.000 euros neste proxecto que define unha actuación que conta cun orzamento de 630.000 euros

Porto de Raxó Mónica Patxot

Portos de Galicia presentará este mércores ao Concello de Poio, confraría e entidades locais o proxecto de adecuación da superficie de acceso ao porto de Raxó. 

A presidenta do ente dependente da Consellería do Mar, Susana Lenguas, convocou unha reunión que terá lugar na sede da Xunta na capital pontevedresa.

O obxectivo deste encontro é dar a coñecer o contido do proxecto que Portos de Galicia acaba de redactar para reordenar a circulación peonil e rodada no acceso ao porto de Raxó e redistribuír os espazos da contorna. 

O ente público investiu 18.000 euros neste proxecto que define unha actuación que conta cun orzamento de 630.000 euros.