O acceso a Sanxenxo desde Areas, en obras até o 15 de xuño

Sanxenxo
02 de xuño 2025

A obra forma parte dos reforzos de firmes que está a executar a Xunta en varios tramos da PO-308 entre Poio e Sanxenxo, por valor de 3,3 millóns de euros

Traballos de asfaltado na Avenida de León Concello de Sanxenxo

Unha das principais entradas ao núcleo urbano de Sanxenxo estará en obras durante dúas semanas. É a Avenida de León, en plena PO-308, concretamente o tramo que discorre entre o miradoiro de Palacios e a intersección coa Rúa Madrid.

Operarios contratados pola Xunta de Galicia iniciaron este luns os traballos para repoñer a capa de rodaxe e realizar diversas reparacións na calzada.

O tramo no que se vai a actuar é de 750 metros e está previsto instalar tamén tres pasos peonís elevados.

A obra forma parte dos reforzos de firmes que executa a Xunta en varios tramos da PO-308 entre Poio e Sanxenxo, por valor de 3,3 millóns de euros.

Ademais desta actuación, tamén se vai a aglomerar o tramo que vai desde a praia de Areas ata a Avenida de León, neste caso 1,5 quilómetros de lonxitude.

Esta obra realízase dentro do convenio entre o Concello e Acuaes tras as actuacións de saneamento realizadas na zona, pero baixo as directrices autonómicas.

Ambas as dúas obras estarán finalizadas o 15 de xuño para non interferir coa tempada estival.