Accidente nocturno no Paseo Marítimo de Cambados cunha moza ferida

O Salnés
18 de outubro 2025

A pasaxeira de 20 anos foi trasladada ao Hospital do Salnés tras saírse un vehículo da vía e chocar contra unhas pedras ornamentais

Vehículo accidentado no Paseo Marítimo de Cambados Servizo de Emerxencias

Os servizos de Emerxencias do Concello de Cambados interviron nun accidente de tráfico ocorrido na noite deste venres a sábado no Paseo Marítimo do municipio de Cambados.

Un vehículo, por causas que se investigan, saíu da calzada e impactou contra unhas pedras ornamentais, causando danos ao mobiliario urbano.

O turismo sufía diferentes desperfectos tanto na parte frontal como nun lateral.

Como resultado do suceso, a pasaxeira, identificada como E.A.M., de 20 anos e veciña de Cambados, foi evacuada ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061.

Na intervención colaboraron, ademais do Servizo de Emerxencias de Cambados, persoal médico da PAC de Cambados, a ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Vehículo accidentado en CambadosServizo de Emerxencias