Un accidente de tráfico en Noalla deixa dous feridos leves

Sanxenxo
14 de febreiro 2025

O accidente rexistrábase arredor das 16.00 horas do xoves 13 preto da igrexa desta parroquia de Sanxenxo, onde xa se producira outro accidente durante a mañá cun vehículo que envorcou tras impactar contra un turismo aparcado

Accidente en Noalla Concello de Sanxenxo

Na tarde deste xoves 13 de febreiro, produciuse un accidente de tráfico na parroquia de Noalla, no municipio de Sanxenxo.

Sobre as 16.00 horas, dous vehículos colisionaron na confluencia das estradas EP-9208 e EP-9212, preto da igrexa de Noalla.

Segundo os datos facilitados polos servizos de Emerxencias de Sanxenxo, o balance provisional do suceso rexistra dúas persoas feridas, que, en principio, presentan lesións leves.

Os efectivos da Policía Local, a Garda Civil de Tráfico, Emerxencias Sanxenxo e o 061 desprazáronse ao lugar para atender a situación e coordinar as labores de auxilio.

Os axentes están a investigar as causas que deron lugar ao accidente en que se producían danos considerables nos dous turismos.

Vehículo danado no accidente en NoallaConcello de Sanxenxo

Este incidente producíase na mesma xornada na que, durante a mañá, se rexistrara outro accidente en Noalla.

Nese caso, un vehículo envorcou tras impactar contra un turismo aparcado no viario de Salgueira do Mato.