Acometen obras de emerxencia no colexio de Barcelos

Pontevedra
13 de decembro 2021

Un informe da Oficina Técnica de Arquitectura e Planeamento detectou que as fachadas do edificio do colexio teñen varias pezas que están en mal estado polas que se están a verter augas sendo necesario actuar

Fachada do Colexio Praza de Barcelos PontevedraViva

O Concello de Pontevedra aprobou este luns en Xunta de Goberno acometer obras de emerxencia no colexio Praza de Barcelos.

Segundo explicou en rolda de prensa a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, un informe da Oficina Técnica de Arquitectura e Planeamento detectou que as fachadas do edificio do colexio teñen varias pezas que están en mal estado polas que se están a verter augas.

Os traballos consistirán na substitución e o arranxo de todos estes elementos afectados.

A empresa GPD será a encargada desta obra orzada en 18.258 euros. 

A idea é acometer estes traballos durante as vacacións de Nadal aproveitando que o colexio non ten actividade escolar.