Adolescentes de Sanxenxo comezarán o curso cunha campaña do CIM contra condutas machistas

Sanxenxo
12 de agosto 2020

Case a metade das consultas recibidas este ano no Centro de Información á Muller (CIM) precisaban atención psicolóxica

O alcalde Telmo Martín visita as oficinas de Servizos Sociais
O alcalde Telmo Martín visita as oficinas de Servizos Sociais / Concello de Sanxenxo

O Centro de Información á Muller de Sanxenxo prevé en setembro, co comezo do curso escolar, ofrecer unha campaña de prevención de condutas machistas entre os adolescentes de varios centros do municipio: no IES Vilalonga, o colexio Abrente e o IES Sanxenxo. No caso de que a situación sanitaria non permitise desenvolvelo de forma presencial ofreceríase telemáticamente.

Será outra das accións que o Concello sanxenxino leve a cabo contando cos fondos que achega o Ministerio e a Secretaría de Estado e Igualdade dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Accións como foron o Roteiro de Igualdade iniciada en marzo e que ofrece en enclaves emblemáticos de Sanxenxo apuntas de mulleres galegas pioneiras en diferentes ámbitos; campañas contra a violencia de xénero no deporte, entre a poboación infantil, escolares ou no comercio local.

De igual forma, as profesionais do CIM recibiron formación especializada en intervención para mulleres que
sufran violencia de xénero.
Ata o pasado xullo, este persoal atendeu 290 consultas das cales case a metade precisaba atención psicolóxica, seguidas de asesoramento xurídico e asistencia a vítimas de violencia de xénero en 59 casos.

Neste tempo e mentres se prolongou o confinamento polo coronavirus, o CIM continuou prestando atención telefónica para paliar a imposibilidade do servizo presencial.