Alumnos do postgrao de Socioloxía da Infancia da Universidade de Minho estudan o modelo Pontevedra

Pontevedra
20 de xuño 2017

Quince alumnos do post grado Socioloxía da Infancia da Universidade do Minho (Portugal) achegáronse a Pontevedra para coñecer un modelo urbano que promove a ocupación dos espazos públicos e a autonomía dos menores.

Visita de estudantes de socioloxía da Universidade de Minho PontevedraViva

Quince alumnos da Universidade do Minho (Portugal) achegáronse a Pontevedra para coñecer un modelo urbano que promove a ocupación dos espazos públicos e a autonomía dos menores.

Os estudantes fixeron un percorrido pola cidade guiados polo concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña e mantiveron unha reunión de traballo coa concelleira de Educación, Carme Fouces.

Trátase dunha visita incluida no programa académico do postgrao de Socioloxía da Infancia.