Amizade convida a participar no seu grupo de apoio 'Mulleres Diversas'

Pontevedra
05 de outubro 2020

As condicións da pandemia da covid-19 levan a este grupo a mudar as reunións cara a un formato online, a partir deste mes de outubro. Anteriormente, o grupo reuníase con carácter regular dous días ao mes no Centro Cultural de Monte Porreiro

Petición de Amizade de sistemas adaptados para mulleres con discapacidade no Servizo de Xinecoloxía do CHOP PontevedraViva

No ano 2018, as socias de Amizade impulsaron a posta en marcha dun grupo informal que tempo despois denominaron como 'Mulleres Diversas'. Trátase dun grupo aberto a todas as persoas queiran participar sexan socias ou non da entidade.

As condicións da pandemia da covid-19 levan a este grupo a mudar as reunións cara a un formato online, a partir deste mes de outubro. Anteriormente, o grupo reuníase con carácter regular dous días ao mes no Centro Cultural de Monte Porreiro.

A asociación Amizade manifesta que precisamente coa "situación derivada da crise sanitaria, fíxose máis evidente para o grupo a necesidade de crear redes, de interconectarse con outras mulleres con e sen discapacidade, coa sociedade".

Por este motivo, dende a asociación radicada en Monte Porreiro, convidan a todas as persoas interesadas a participar nas reunións de 'Mulleres Diversas'. A solicitude pódese facer a través do correo electrónico (mulleresdiversas@asociacionamizade.org) ou no teléfono  687 96 94 78.

As actividades e accións diversas levadas a cabo ata agora polo grupo foron: unha charla sobre o empoderamento das mulleres a través do deporte, un tuppersex, unha sesión fotográfica, unha acción guerrilla aos locais de ocio nocturno inaccesibles da cidade, participación activa nas manifestacións do 8 de Marzo e 25 de Novembro e continuas reclamacións ao Sergas pola inaccesibilidade dos sillóns xinecolóxicos e a violencia obstétrica á que se ven sometidas.