Amplían o prazo para presentar ideas ao 'Espazo CreActivo'

Pontevedra
20 de marzo 2016

As solicitudes poderanse presentar ata o próximo 15 de abril. O proxecto, no que colabora Concello e Universidade, ten como finalidade dotar de contidos ao edificio municipal de Santa Clara e adecualo como espazo multidisciplinar

Edificio municipal destinado ao Espazo CreActivo, en Santa Clara Concello de Pontevedra

A convocatoria de ideas para dotar de contido ao Espazo CreaActivo amplíase ata o próximo 15 de abril.

Así o anunciou o Concello de Pontevedra, impulsor do proxecto xunto a través da concellería de Promoción Económica en colaboración da Vicerrectoría da Universidade de Vigo.

Con este concurso de ideas preténdese buscar un contido apropiado para o edificio municipal de Santa Clara e adecualo como un espazo multidisciplinar. A participación nesta fase consiste na presentación xeral da idea, xa que o seu desenvolvemento corresponderá a unha fase posterior da convocatoria.

A intención é implicar ao estudantado do campus no proceso, que busca "unir e enriquecer aos participantes e ao tecido emprendedor da cidade", sinalan desde o Concello. Terán cabida, explican, ideas orientadas á "reutilización, embelecemento do espazo e dotación de contidos e actividades".

A selección da proposta gañadora realizarase por un xurado independente en base á súa orixinalidade e viabilidade técnica. A dotación económica como premio para o proyexto escollido é de 500 euros.