Aparatoso accidente na estrada N-640 en Sobradelo cunha persoa ferida

O Salnés
30 de agosto 2024

Segundo explicaron desde os servizos de emerxencias, un dos vehículos saíuse da vía provocando un impacto cun segundo coche

Ambulancia do 061 Mónica Patxot

Un accidente de tráfico entre dous coches provocou o corte da N-640 durante unha hora e media. 

Unha persoa resultou ferida como consecuencia deste aparatoso sinistro ocorrido sobre as dúas e dez minutos da tarde.

Segundo explicaron desde os servizos de emerxencias, un dos vehículos saíuse da vía provocando un impacto cun segundo coche.

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou que o accidente se produciu na estrada nacional, entre O Piñeirio e Sobradelo. 

Interviñeron a Policía Local, a Garda Civil que abriu dilixencias ao tratarse dunha zona de Tráfico e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.