Aprazado o desfile de Entroido de Campelo previsto para este domingo

Poio
15 de febreiro 2026

O Concello de Poio anunciou ás 10.00 horas a decisión de aprazar o Desfile de Entroido tras consensualo coas persoas participantes. Polo momento, aínda non se comunicou a nova data de celebración

Desfile de Campelo Concello de Poio

O Concello de Poio comunicou ás 10:00 horas deste domingo o aprazamento do Desfile de Campelo, debido ás previsións de chuvia.

Esta cita debía dar o inicio oficial á programación de Entroido no municipio.

A decisión de pospoñer o evento tomouse de xeito consensuado entre a administración local e as persoas e agrupacións participantes, á espera de concretar e facer pública unha nova data para a súa celebración.

Esta xornada inaugural estaba deseñada como o punto de partida dun amplo calendario festivo que se estenderá polas diferentes parroquias de Poio ata o próximo 19 de marzo.

O desfile, cuxo percorrido estaba previsto para as 12:00 horas entre a Biblioteca Municipal e a Praza da Granxa, contaba coa inscrición das principais comparsas da contorna.

Entre as formacións locais figuraban o Grupo de Carnaval Samieira, As Sonecas, Os Canecos e Os 100Tolos, ás que se ían sumar agrupacións visitantes como Alegría de Bora, Os Miúdos, Os Retrincos, Politicamente Incorrectos e Os Paparrulos.

O certame que queda agora pendente de nova data mantén un orzamento total de 4.820 euros destinados a premios.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en