Aprobado o proxecto de remodelación do pavillón da Raña

Marín
09 de xuño 2017

A Xunta de Goberno do Concello de Marín aprobou o proxecto de remodelación do pavillón da Raña, co obxectivo de proceder á licitación e posterior contratación das obras

Pavillón da Raña en Marín Street view

A Xunta de Goberno do Concello de Marín aprobou o proxecto de remodelación do pavillón da Raña, co obxectivo de proceder á licitación e posterior contratación das obras.

O proxecto contempla a ampliación do pavimento deportivo existente e a substitución da actual bancada retráctil en mal estado por unha nova e a ampliación do tramo de pavimento deportivo ata completar a superficie total do ámbito da zona da pista.

Coa nova intervención non existe aumento de aforamento no pavillón.

O orzamento da obra ascende a 241.999,80 euros e levarase a cabo este mesmo ano.