Arde parte do antigo balneario de Vilagarcía

O Salnés
09 de agosto 2023
Actualizado: 14:49

O incendio rexistrábase ás 12.05 cando varios particulares alertaban o 112 sobre a presenza dun intenso fume que saía polas ventas desta edificación situada nas proximidades á Praia de Compostela. A Policia Científica investiga a orixe do incendio

O alcalde de Vilagarcía ten intención de darlle un novo servizo turístico ao antigo balneario PSOE de Vilagarcía - Arquivo

Este mediodía declarábase un incendio no interior do antigo balneario de Vilagarcía, que actualmente se atopa abandonado.

Segundo indica o servizo de Emerxencias 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida debido a este incendio. 

Os efectivos do servizo municipal de Emerxencias de Vilagarcía detectáronse dous puntos de lume no interior do edificio, que provocaron a presenza de lapas que afectaron a colchóns, mobles e algunha roupa almacenada no interior deste inmoble.

Varios particulares alertaban ás 12.05 horas ao 112 da presenza dun intenso fume que saía polas xanelas do antigo balneario, situado nas proximidades á Praia de Compostela. 

Desde o 112 avisábase aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Salnés, integrantes de Protección Civil de Vilagarcía e aos axentes da Policía Nacional e Local.

Os servizos de emerxencia lograron extinguir as lapas e procederon á ventilación do edificio. Os únicos estragos producíronse en desperdicios e os obxectos persoais dos indixentes que nalgún momento usaron as instalacións para pasar a noite. A Policia Científica investiga a orixe do incendio, segundo advirte o Concello de Vilagarcía de Arousa. 

Ata o Balneario desprazáronse a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Tania García, e o edil de Turismo, Álvaro Carou, para comprobar o alcance do incidente e adoptar as medidas pertinentes. En primeiro lugar, os Servizos Sociais municipais puxeron en marcha o protocolo de actuación coas entidades sociais do municipio para pescudar si actualmente había persoas que durmían no balneario e, de ser así, localizalas e ofrecerlles acollemento. A continuación, tras comprobarse que o edificio non tiña sufrido danos estruturais, deuse orde de volver a tapiar portas e ventás para evitar o acceso de okupas.