Arranca a Festa do Albariño en Cambados

O Salnés
31 de xullo 2013

Dende primeira hora da mañá foron abrindo as casetas no paseo da Calzada, sen a presenza de autoridades, polo tanto, sen corte da fita inaugural. Ata as doce desta noite o Concello de Cambados suspendeu os actos lúdicos con motivo do loito oficial imposto polo accidente ferroviario de Santiago

Corenta e catro adegas concorren dende este mércores e ata o domingo na 61 edición da Festa do Albariño de Cambados.

Dende primeira hora da mañá foron abrindo as casetas no paseo da Calzada, sen a presenza de autoridades, polo tanto, sen corte da fita inaugural.

Ata as doce desta noite o Concello de Cambados suspendeu os actos lúdicos con motivo do loito oficial imposto polo accidente ferroviario de Santiago.

Será polo tanto a partir de media noite cando a música empece a soar en Cambados da man de Roi Casal, que ofrecerá un concerto na praza de Fefiñáns.

O bulicio e a ledicía volverán o xoves á festa, que programa para esta cita a apertura ás 11.00 horas do Túnel profesional do Viño no salón de congresos José Peña.

Ademais Omar Percussion Group actuará na Calzada, e ás 22.00 horas, as orquestras D'Tacón e Lembranza amenizarán a verbena.

Simultáneamente na praza de Fefiñáns desenvolverase a décimo sexta edición da Gala do Albariño.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora