As ánimas reactívanse con numerosas actividades para celebrar a Noite dos Calacús

Pontevedra
21 de outubro 2024
Actualizado: 18:15

A partir do sábado 26 de outubro están previstas diversas actividades de cara á celebración do último día do mes con obradoiros, visitas guiadas ao cemiterio de San Amaro e a elaboración de receitas

Presentación da Noite dos Calacús

Este sábado 26 de outubro un obradoiro de pantasmas e disfraces de ánimas será a primeira das numerosas actividades de preparación da Noite dos Calacús, prevista para o último día do mes.

O domingo 27 chegarán as visitas guiadas ao cemiterio de Santo Amaro, a cargo de Polo Correo do Vento. A través de dúas sesións, ás 12.00 e ás 18.00 horas, vai realizarse unha sesión matinal infantil e familiar sobre os misterios do camposanto e outra destinada ao público adulto sobre a historia senlleira do cemiterio pontevedrés.

Este luns presentábase no Concello de Pontevedra a programación deste evento que pretende recuperar tradicións galegas arredor do Día de Defuntos e que se vai desenvolver desde o sábado 26 ata o domingo 3 de novembro.

A Procesión das Ánimas será o acto central durante a última hora da tarde do xoves 31 cun percorrido que se iniciará no Mercado de Abastos e que percorrerá o centro histórico pasando pola Rúa Real, ata a Ferrería para despois continuar por San Román ata chegar, de volta, ao Mercado da rúa Serra.

A programación está dirixida a todos os públicos e inclúe actividades como a elaboración de disfraces, obradoiros de cociña, tallado de cabazas.

Ademais, panaderías da cidade tamén van involucrarse nesta proposta, desde o 29 ao 31 de outubro, con receitas especiais de Pan de ánimas

Desde a organización, lembran que antigamente en Galicia, na noite de Defuntos existía o costume de deixar anacos de pan para que comesen as ánimas e que levasen para a viaxe ao alén.

As persoas interesadas en participar nos obradoiros deberán inscribirse previamente, seguindo as instrucións detalladas para cada actividade.

Presentación da Noite dos Calacús  Mónica Patxot

A programación é a seguinte:

Sábado 26 de outubro:

  • Obradoiro de pantasmas e disfraces de ánimas (para a procesión do 31 de outubro).

Horarios: 17:00 h e 18:15 h.

Lugar: Espazo O Ganapán, O Mercado.

Participantes: familias con nenas/os a partir de 4 anos.

Prazas: 16 por quenda.

Inscrición previa: a partir do 23 de outubro ás 17:00 h no correo oganapan@gmail.com.

Nota: o material será proporcionado, pero pódese traer sabas ou teas brancas propias.

Domingo 27 de outubro:

  • Visitas guiadas ao cemiterio de Santo Amaro, organizadas por Polo Correo do Vento.

Roteiro infantil e familiar:

Horario: 12:00 h.

Lugar: Cemiterio de Santo Amaro.

Contido: "A Pontevedra do alén", historias misteriosas do cemiterio.

  • Roteiro para público adulto:

Horario: 18:00 h.

Lugar: Cemiterio de Santo Amaro.

Contido: "A Pontevedra do alén", para coñecer a historia senlleira do camposanto e dos seus habitantes.

Do 29 ao 31 de outubro:

Pan de Ánimas: Elaborado en varias panadarías de Pontevedra para recuperar esta tradición. Poderá adquirirse nas seguintes panadarías: Acuña, Solla, Amásame Bakery Lab, Pumper, Landín, Xeve e A Devesa.

Xoves 31 de outubro:

  • Festa no Mercado de Pontevedra:

Horario: de 16:30 h. a 20:00 h.

Actividades dispoñibles:

Postos de comida e bebida.

Obradoiro de cociña de defuntos: biscoito de cabaza.

Horario: de 16:30 h a 17:30 h.

Participantes: nenas/os de 4 a 8 anos.

Prazas: 15.

Inscrición previa: a partir do 27 de outubro ás 17:00 h no correo oganapan@gmail.com.

Obradoiro de colares de zonchos: elaboración de colares coa tradición galega das castañas.

Horarios: de 17:45 h a 18:45 h e de 19:00 h a 20:00 h.

Participantes: crianzas maiores de 6 anos acompañadas por un adulto (un adulto por neno/a).

Prazas: 16 por quenda.

Inscrición previa: a partir do 27 de outubro ás 17:00 h no correo oganapan@gmail.com.

Obradoiro de tallado de calacús: elaboración de cabazas decorativas.

Horario: de 16:30 h a 20:00 h.

Participantes: todos os públicos. Non require inscrición previa.

Postos de maquillaxe para a Procesión das Ánimas: maquillaxe especial para a procesión.

Horario: de 16:30 h a 19:00 h.

Lugar: Antiga Lonxa, primeiro andar do Mercado.

Participantes: todos os públicos, sen inscrición previa (por orde de chegada).

Contos de medo e arrepíos – "Contos do candil": contos de pantasmas e da Compaña.

Horarios: ás 17:00 h, ás 18:00 h e ás 19:00 h.

Lugar: antigo Bar Praza no Mercado.

Público: familiar, sen inscrición previa.

Concerto de música terrorífica:

Horario: 20:00 h.

Lugar: Mercado de Pontevedra.

Presentación da Noite dos Calacús  Mónica Patxot
  • Procesión das Ánimas:

Hora: 21:00 h.

Percorrido: sairá do Mercado e percorrerá o Centro Histórico (praza da Ferraría, rúa Real, praza de Curros Enríquez e Soportais) para regresar ao Mercado.

Participación: aberta a toda a cidadanía, que pode participar caracterizada con sabas, camisóns ou disfraces de pantasmas. Recoméndase traer unha candea para acompañar as ánimas.

Participación da Aula Municipal de Teatro e música a cargo de Adarve.

 

  • Festa da Noite dos Calacús:

Horario: de 21:30 h a 00:00 h.

Lugar: primeiro andar do Mercado.

Actividade: música con Señora DJ e postos de comida e bebida.

 

Do 1 ao 3 de novembro:

  • Mercado de Samaín no primeiro andar do Mercado de Pontevedra.

Horarios:

Venres 1: de 11:00 h a 21:00 h.

Sábado 2: de 10:00 h a 21:00 h.

Domingo 3: de 11:00 h a 21:00 h.

Actividades dispoñibles: Artesanía. Alimentación. Xogos artesáns. Photocall e obradoiros infantís. Recanto de xogos educativos en horario ininterrompido.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, convidou a toda a cidadanía a participar nesta ampla programación que busca "recuperar as tradicións galegas do Samaín" e "facer da Noite dos Calacús unha celebración para todas as idades".

Presentación da Noite dos Calacús  Mónica Patxot