As intensas choivas provocan o sexto desbordamento do Gafos desde outubro

Pontevedra
07 de xaneiro 2023

O primeiro desbordamento rexistrouse o 23 de outubro de 2022 e, desde entón, houbo un episodio similar en novembro, tres e decembro e un o 1 de xaneiro. O río desbordou en varios tramos e afluentes. En concreto, nos ríos Cocho, Toxal, Tomeza e Gafos, sendo especialmente visible no paseo dos Gafos ao seu paso polo casco urbano

Río Gafos desbordado Vaipolorío

As intensas choivas deste sábado provocaron no río Gafos un novo episodio de desbordamento de auga fóra do leito fluvial, o sexto xa desde o mes de outubro, o segundo no que vai de ano 2023

Segundo a información facilitada pola asociación ecoloxista Vaipolorío, o primeiro desbordamento rexistrouse o 23 de outubro de 2022 e, desde entón, houbo un episodio similar en novembro, tres e decembro e un o 1 de xaneiro

Nesta ocasión, o río desbordou en varios tramos e afluentes. En concreto, nos ríos Cocho, Toxal, Tomeza e Gafos, sendo especialmente visible no paseo dos Gafos ao seu paso polo casco urbano. 

Nesta zona céntrica do Gafos, á altura de Ponte Boleira, o pasado día 1 as intensas choivas provocaron unha fochanca que mantivo un tramo do paseo cortado e este sábado volveu desbordar. 

As intensas choivas da mañá deste sábado tamén provocaron episodios de inundacións en zonas da cidade nas que os desbordamentos se suceden cada inverno, na zona da Seca, Casimiro Gómez e Fernando Olmedo