As 'mulleres da vila' xa presumen da súa participación na campaña do 8M

Pontevedra
07 de marzo 2021

'Mulleres da vila' é un proxecto que busca homenaxear, visibilizar e poñer en valor a todas  mulleres empresarias e traballadoras de Pontevedra. As imaxes foron realizadas pola fotógrafa Patricia Maquieira e xa se exhiben nos escaparates comerciais da cidade

Participantes na campaña "Mulleres na vila" Concello de Pontevedra

Os escaparates dos establecementos comerciais de Pontevedra xa exhiben os carteis que forman parte da campaña municipal do 8M, Día Internacional da Muller.

'Mulleres da vila' é un proxecto que busca homenaxear, visibilizar e poñer en valor a todas as mulleres empresarias e traballadoras de Pontevedra.

As imaxes foron realizadas pola fotógrafa Patricia Maquieira.

Na mostra participan Ecocabana (Laura López), Jomafer (Elena e Antonina López), Mercería Pilar (Pilar Bouza), Pontetelas (Nélida Viaño), Confitería Solla (Mayka Solla), Floristería Jardín (Ángela Casares), Manualidades Arte (Mar Golpe) ou Loli Baquero (Mari Pazos).

Peluquería Danae (Merchi Martínez e Mari Carmen Vidal), Anabeti (Conchi, Ana, e Beti Puga), Copistería Calco (Belén Nieto), M&C Moda e Complementos (Mercedes e Mari Tobío), PC Box (Judit Meriño), Ma Petite (Marieli Touza), Librería Seijas (Luz Gallego) e A Balea das Cores (Almudena López e Vanesa Osorio) completan a campaña.

A concellería de Promoción Económica difundirá nos vindeiros días a través da canle de Youtube do Concello un vídeo no que todas esas emprendedoras contarán cales son as súas fortalezas, soños e retos e nos que darán os seus consellos a outras mulleres.