As primeiras pezas do 'skatepraza' ocupan o seu lugar en Raíña Vitoria

Pontevedra
20 de setembro 2022

Os traballos para converter gran parte de Raíña Vitoria nun 'skatepraza' atópanse xa moi avanzados. Tras a implantación dunha plataforma única para elevar a calzada ao nivel das beirarrúas, os operarios da empresa EC Casas xa están a colocar as primeiras pezas

Instalacións das pezas do 'skatepraza' Mónica Patxot

Os traballos para converter gran parte de Raíña Vitoria nun 'skatepraza' atópanse xa moi avanzados. Tras a implantación dunha plataforma única para elevar a calzada ao nivel das beirarrúas, os operarios da empresa EC Casas xa están a colocar as primeiras pezas.

Estes obstáculos, elaborados en granito por unha cantería da Lama, iranse repartindo ao longo dos 735 metros cadrados que ocupará este parque urbano de skate. 

Serán elementos desmontables que se fixarán ao chan, permitindo poder retiralos en determinadas ocasións, especialmente coas atraccións das Festas da Peregrina.

Terán unha media de 50 centímetros de alto, a máis alta, ata 75.

A zona máis próxima ao entroncamento coa rúa Palamios terá ademais pavimento de formigón puído e unha rampla para permitir o acceso de vehículos de emerxencia e garantir a accesibilidade para peóns e ciclistas.