As rúas de Cuntis melloran a súa imaxe para a Festa do Lacón

Umia
22 de febreiro 2017

O Concello está  acometer obras de mantemento do casco antigo e dos paseos do río Gallo. Enmárcanse dentro das actuacións marcadas polo goberno local  na mellora da imaxe turística do municipio e impulsáronse de cara aos próximos eventos

Obras para adecentar os paseos do río Gallo en Cuntis Concello de Cuntis

A celebración da XX Festa do Lacón con Grelos prevista para o vindeiro 5 de marzo en Cuntis está a notarse xa na localidade. Non só polos carteis anunciadores ou o ambiente que se respira polas rúas, senón porque o Concello está a acometer obras de mantemento do casco antigo e dos paseos do río Gallo.

Segundo informou o Concello, estas actuacións de mellora dos paseos e do entorno urbano céntranse dentro das actuacións marcadas polo goberno local na mellora da imaxe turística do municipio e impulsáronse de cara aos próximos eventos, tanto a Festa do Lacón, declarada de Festa de Interese Turístico de Galicia, como outras previstas para próximas datas.

As obras que se están a acometer na zona do centro de saúde de Cuntis fináncianse con fondos propios, xunto cos traballadores concedidos polo Plan de Emprego de Deputación Provincial de Pontevedra. 

Consulta aquí a programación da vixésima edición da Festa do Lacón con Grelos e do Entroido de Cuntis.