Combarro Tourlapse é o último gran traballo que acaba de publicar o pontevedrés Alex Rodríguez.
Trátase dun proxecto no que Álex estivo a traballar o verán pasado e no que usando varias técnicas relacionadas co hyperlapse e timelapse fai un percorrido pola tradicional vila.
Álex, que habitualmente reside en Hong Kong, explicou que con este traballo promocionarase Combarro en diversos festivais de vídeo turismo e timelapse ao redor do planeta, e que tamén será difundido por axencias de viaxes en China. O autor está a traballar tamén nun proxecto similar para Pontevedra, que fará público en breve.
Por certo que a música tamén ten factura pontevedresa, a do grupo Tales of the System.
Combarro Tourlapse from Alex Rodriguez video timelapse on Vimeo.