Augas de Galicia limpa os treitos interurbanos do río Dorrón

Sanxenxo
06 de decembro 2019

A actuación levase a cabo nun treito de máis de 3,5 quilómetros de lonxitude, e que coincide co percorrido deste río polos lugares de Barreiro, O Outeiro, Areas

Traballos de limpeza do río Dorrón Augas de Galicia

Augas de Galicia vén de executar as actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do río Dorrón, no municipio de Sanxenxo.

Os traballos coinciden cos tramos deste ríos no seu percorrido polos lugares de Barreiro, O Outeiro, Areas, na parroquia de Dorrón. A intervención neste río lévase a cabo nun treito de máis de 3,5 quilómetros.

As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.