Bailando na Zona Monumental a ritmo de cha-cha-chá

Pontevedra
04 de xullo 2014

Os campións de España de Baile Deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez imparten unha clase colectiva na praza de Curros Enríquez dentro das actividades do 25 aniversario do Centro Comercial Urbano Zona Monumental

Clase de baile con Adrián Esperón e Patricia Martínez no centro histórico de Pontevedra Mónica Patxot

Os campións de España de Baile Deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez impartiron durante a tarde deste xoves unha clase colectiva de baile na praza Curros Enríquez.

Esta actividade, dirixida a nenos e adultos, estaba enmarcada dentro dos actos de 25 aniversario do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

Os asistentes puideron gozar durante hora e media das ensinanzas da parella pontevedresa, que tiñan o obxectivo de facer pasar un bo anaco aos que por alí pasaron e se animaron a participar.