Benvida ás novas pediatras para Atención Primaria e o Hospital do Salnés que acadaron praza fixa por concurso

Ponte Caldelas
19 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

En concreto, se cubrirán sete prazas de pediatra de Atención Primaria nos centros de saúde de Sanxenxo, A Lama-Cerdedo-Cotobade-Ponte Caldelas, Moraña-Cuntis, San Roque en Vilagarcía de Arousa, A Illa-Ribadumia, e O Grove

Acto de benvida das novas pediatras
Acto de benvida das novas pediatras / Sergas

O Hospital Provincial de Pontevedra acolleu este martes o acto de benvida das novas pediatras que tomaron posesión das súas prazas con destino en centros de Atención Primaria e o Hospital do Salnés.

Este acto chega un día despois de que fora publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución co nomeamento como persoal estatutario fixo do Sergas e a adxudicación de destino definitivo, no proceso selectivo convocado por sistema de concurso de méritos.

En concreto, os novos profesionais cubrirán sete prazas da categoría de pediatra de Atención Primaria ofertadas nos seguintes centros de saúde da área de saúde pontevedresa: dúas prazas no concello de Sanxenxo; unha praza para os centros de A Lama, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas; outra para os municipios de Moraña e Cuntis; unha no centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía de Arousa; unha para os concellos de A Illa e Ribadumia; e, finalmente, outra praza no de O Grove. 

No que se refire á atención pediátrica no eido hospitalario, a área sanitaria adxudicou catro prazas da categoría de facultativo especialista de Área de Pediatría e as súas áreas específicas, efectivos médicos que prestarán asistencia á poboación infantil desde o Hospital do Salnés en Vilagarcía de Arousa.