O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para que "exerza as súas competencias" e propoña unha localización alternativa para a fábrica de Ence en Pontevedra.
Tras coñecer a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga concedida no seu día a Ence para manter a súa actividade en Pontevedra ata 2073, Caballero lembrou que este permiso foi outorgado "en tempo de desconto".
Foi unha actuación, segundo o líder dos socialistas galegos, "fóra da lei" por parte do Goberno e Mariano Rajoy que agora tombaron os tribunais.
Agora, subliñou o secretario xeral do PSdeG, a Xunta de Galicia "ten que buscar mecanismos que permitan manter o emprego en Galicia.
"Feijóo perdeu o tempo sen anticiparse á decisión xudicial", destacou Caballero.