Caldas de Reis recupera a figura da pregoeira das festas coa taekwondista Lúa Piñeiro. A deportista é dende hai anos un referente deportivo e social que proxecta o nome de Caldas a nivel galego, e internacional é responsable e directora técnica do Clube Número Phi así como técnica das seleccións galega e española de Taekwondo.
A lectura do pregón será ofrecida o día 6 de agosto ás 11 da mañá no Paseo Román López, como apertura da X edición da Feira Tradicional de Caldas.
O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Fariña, destacou que "Lúa é unha persoa que está permanentemente na actualidade e na actividade deportiva deste concello. Foi referente como deportista e está a marcar unha época no deporte local como fundadora e directora técnica do Número Phi".
"É un referente dentro e fora do tatami, e está a facer unha labor importantísima dentro do deporte local, conquistando en 3 ocasións o campionato de España en tan só 3 anos de traxectoria" explicou Fariña.
"Queríamos contar con ela para retomar a figura da pregoeira das festas e aceptou, por iso hoxe lle damos as grazas públicamente", manifestou.