Cambados, O Grove, A Illa de Arousa e Meis venden décimos do 88979, quinto premio da Lotería de Nadal

O Salnés
22 de decembro 2023

6.000 euros por décimo recibirán os posuidores do número 88979, un dos oito quintos premios. A comarca do Salnés é unha das zonas onde máis sorte parece repartir. Hai agraciados en Cambados, O Grove, A Illa de Arousa -na mesma administración de outro quinto premio, ou 45353- ou Meis

88979, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal
88979, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal / PontevedraViva

Sen apenas respiro tras o primeiro dos premios que o sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional deixou na provincia de Pontevedra chegou o segundo. Trátase do terceiro quinto premio que saíu esta mañá.

6.000 euros por décimo recibirán os posuidores do número 88979.

Do mesmo xeito que o anterior, todo apunta a que foi vendido de forma automática a través de máquina, porque hai premiados por todo o territorio nacional.

A comarca do Salnés é unha das zonas onde máis sorte parece repartir.

Hai agraciados en Cambados, O Grove, A Illa de Arousa -na mesma administración de outro quinto premio, o 45353- ou Meis.

Este quinto premio tamén se vendeu en Salceda de Caselas, Vigo, O Porriño, Salvaterra ou Tomiño.