Campaña de asfaltado en camiños e viarios de Sanxenxo

Sanxenxo
17 de xullo 2018

O primeiro en executarse foi o Camiño Major, en Noalla. E os seguintes en levar a cabo serán a zona de Recarei-Igrexa, en Dorrón, Lagarei-Arnosa, en Vilalonga e A Salgueira, tamén en Vilalonga

Asfaltado do Camiño Major, en Noalla Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo adxudicou á empresa Marconsa varias obras de pavimentación e reparación de viarias e camiños por valor de 104.900 euros e con cargo ao Plan Concellos 2017.

Esta actuación, que consistirá na limpeza das cunetas e as marxes, na regularización e asfaltado do firme e na instalación de sinalización horizontal, comezou a executarse en Noalla, no Camiño Major.

Os seguintes traballos en levar a cabo serán a zona de Recarei-Igrexa, en Dorrón, Lagarei-Arnosa, en Vilalonga e A Salgueira, tamén en Vilalonga, mentres que os dous viarios de Sanxenxo previstos na actuación, Rúa Vento e Rúa das Cunchas, serán executados ao terminar a tempada estival.

Para poder actuar nestes viarios foi necesario solicitar autorizacións a Augas de Galicia, Deputación de Pontevedra, Consellería de Cultura e Educación e Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por estar algúns dos viarios afectados por canles de rega, por ser zonas de servidume e protección, por estar afectados por zonas de protección do patrimonio ou pola zona de mellora ambiental e paisaxística.