O Desfile do Entroido en Campelo reuniu este domingo a unhas 2.000 persoas, sedundo os datos facilitados polo Concello de Poio.
Os participantes achegáronse desde distintos recunchos para participar dun desfile que, máis que un simple percorrido, foi unha explosión de creatividade, diversión e animación.
Máis de vinte grupos, dez comparsas e numerosos participantes individuais e por parellas desfilaron facendo que cada rúa se transformase nun escenario de fantasía.
A entrega de premios do Desfile de Entroido en Campelo foi un momento cheo de emoción, risas e aplausos que recoñeceu a imaxinación e o esforzo de todos os participantes.
No apartado de disfraces infantís, foi Alma Animal quen se levou o primeiro premio, seguida pola máxica Señora do Monte e a orixinal Dama dos 1823 Corchos, cada unha cun toque especial que conquistou ao xurado.
Nas parellas infantís, Fantasía do Mar triunfou cos seus disfraces cheos de cor e movemento, mentres que As Criaturas da Fraga e os enxeñosos Tractoristas completaron o podio, e os traviesos Trasnos tamén recibiron o seu recoñecemento.
Entre os grupos infantís, a creatividad de ANPA Antoxo Viñas destacou sobre todos, seguidos por ANPA Isidora TV e La Tarta se Comparte, que deixaron claro que a diversión e o traballo en equipo poden converter calquera comparsa nun espectáculo memorable.
No apartado individual adulto triunfaron o espírito intrépido de Muller Escorpión e a imaxinación de A Máquina do Tempo. Destino Poio que quedaron en primeiro e segundo lugar, mentres que Dama de Papel e o sorprendente Galodragón Mutante tamén foron recoñecidos pola súa orixinalidade.
As parellas adultas deron un toque romántico e divertido ao desfile, con Pide un Desexo no primeiro posto, seguidos polos luminosos Os Vagalumes, os aireados Volando Voy e as nostálxicas Ochenteras.
Entre os grupos de adultos, a maxia e o espectáculo foron protagonistas. A Pandilla: Maxia do Circo encantou a todos co seu show, mentres que Co Choio ao Lombo: Moreira a Tope e Quen o Vive Quen o Goza. Barranquilla demostraron que o humor e a enerxía poden transformar calquera rúa nun escenario. Remendos do Faiado e Cine Avenida completaron un podio que soubo combinar tradición e entretemento.
Finalmente, os premios especiais recoñeceron a creatividade máis aló das categorías habituais.
En animación, Imos Xogar fíxose co primeiro posto, con O Circo da Granxa e Arendelle en Fuego mostrando toda a súa imaxinación. Mentres tanto, no especial choqueiro, a participación colectiva foi protagonista: a Comunidade de Veciños Os Laretas liderou a categoría, seguida de Mía a Pulpeira, Os das Pistas: Voando Vou e Piscina Móbil, lembrando a todos que no Entroido de Campelo non só se celebra o talento individual, senón tamén o espírito de comunidade e diversión compartida.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.