Cando a inclusión tamén chega á vida cultural da cidade

Pontevedra
06 de outubro 2017

O programa Hefesto, que este 2017 se centra no mundo da arte, saíu este venres á rúa para apostar pola arte inclusiva. Os participantes elaboraron un graffiti na rúa Cruz Gallastegui

Graffiti Hefesto por O'Ras Mónica Patxot

O programa Hefesto, que este 2017 se centra no mundo da arte, saíu este venres á rúa para apostar pola arte inclusiva. Os participantes elaboraron un graffiti na rúa Cruz Gallastegui

Integrantes das distintas asociacións que participan no Hefesto 2017 elaboraron o mural durante toda a mañá coa axuda do creador pontevedrés O'Ras.

Co título Arte Inclusiva, o proxecto ten como finalidade promocionar a inclusión social e a participación activa das persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade.

Participan no Hefesto 2017 as asociacións Amencer, Amizade e COGAMI, XOGA, Juan XXIII e Xuntos Síndrome de Down.