CC.OO. urxe solucións para evitar a situación "de perigo" para os menores na Cidade Infantil Príncipe Felipe

Pontevedra
30 de xaneiro 2020

CC.OO. pide a Xunta e Deputación asinar un covenio para o arranxo da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Segundo explicaron, a deterioración dos edificios supón un risco de lesión e enfermidades para os nenos

Representantes de CC.OO. na Cidade Infantil Príncipe Felipe co secretario comarcal José Ramón Piñeiro PontevedraViva

O secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Ramón Piñeiro, volveu a denunciar a situación de emerxencia social que sofre a Cidade Infantil Príncipe Felipe, onde os nenos do centro atópanse cunha situación de risco, tanto de lesión como de enfermidade. 

Desde CC.OO. advirten do insuficiente investimento para o mantemento provoca a deterioración dos edificios, e consideran ''tremendamente indecente'' a utilización política dos menores por parte da presidenta e do equipo de goberno da Deputación.

Algunhas das situacións que viven os nenos, segundo o portavoz do sindicato, detéctanse no mal estado das xanelas, que deixan pasar o frío e obriga aos nenos para durmir con abrigo; o mal estado do teito, que deixa pasar a humidades; un ascensor que funciona a base de golpes ou a oxidación das escaleiras de emerxencia.

Desde o sindicato piden á presidenta que visite as instalacións para que vexa o estado no que se atopan, e engaden que se un deses nenos fose o fillo de Carmela Silva, ela non durmiría tranquila. Tamén a acusan de non aumentar o investimento pola pouca rendibilidade social do centro, xa que os nenos ''non votan'', e cualifican a súa sensibilidade social cun suspenso. 

Desde CC.OO. piden á Xunta e á Deputación que senten a dialogar e que solucionen dunha vez está situación insostible, na que ao final, os máis prexudicados son os nenos. O sindicato pide que se firme un convenio inmediato no que a Xunta leve a cabo o arranxo do mobiliario e a Deputación todo o relacionado cos problemas estruturais do edificio: tellados, xanelas, humidades e valos, entre outros.