Chega a Marín 'Chicas Nuevas 24 horas', un proxecto de Mabel Lozano para concienciar sobre a trata de mulleres e nenas

Marín
01 de febreiro 2026

A iniciativa consiste nunha exposición e nun documental. A mostra poderá visitarse no Concello do 3 ao 12 de febreiro e a peza audiovisual proyectaras ante alumnado de varios centros educativos

Mabel Lozano Concello de Pontevedra

O proxecto 'Chicas Nuevas 24 horas', co que a guionista, produtora e directora de cinema social Mabel Lozano denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, chega a Marín. 

A iniciativa ten dúas patas, unha exposición fotográfica e un documental, e está orientada tanto ao público xeral como á poboación escolar. 

A exposición poderá visitarse na entrada da Casa Consistorial entre o 3 e o 12 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 horas

Durante este tempo, recibirá visitas do alumnado de varios centros educativos de Marín.

Coa exposición e coa peza documental, escrita e dirixida por Mabel Lozano, búscase dar a coñecer as vivencias e situacións de diversas mulleres e nenas que, desde España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, dan o seu testemuño sobre esta lacra social.

Este proyecto é un traballo global arredor da trata que denuncia o escuro día a día no que viven millóns de mulleres no mundo por culpa das mafias e que destapa a realidade da prostitución, exercida desde a escravitude, sempre baixo enganos, extorsións, débedas e ameazas. O negocio xera unhas ganancias de 32.000 millóns de dólares ao ano.

A exposición inclúe actividades complementarias de carácter social, didáctico e formativos centradas na prevención e a concienciación.

Está impulsada polo Concello de Marín a través do seu CIM e promovida en Galicia pola Dirección Xeral de loita contra a violencia de xénero da Consellería de Política Social e Igualdade.