Cheo no mercado para a I Feira Vintage Boa Vida

Pontevedra
03 de maio 2025

O primeiro andar da praza de abastos converteuse este sábado nun espazo de encontro entre moda, sustentabilidade e compromiso social nesta feira de venda ao peso para un consumo consciente e inclusivo

I Feira Vintage Boa Vida no mercado municipal Cristina Saiz

mercado municipal de Pontevedra encheuse este sábado con motivo da 'I Feria Vintage de Boa Vida, Roupa ao peso', que organizou a entidade Boa Vida Inclusión Activa como unha proposta de moda sostible con impacto social e ambiental.

O público foi maioritariamente feminino e por momentos o éxito foi tal que resultaba difícil moverse polo primeiro andar do mercado. 

Baseada no concepto de compra de roupa ao peso, esta feira ofertou durante toda a mañá unha ampla oferta de pezas únicas, antigas e reutilizadas para toda a familia.

As propostas que máis éxito tiveron foron as de venda de vestidos e fulares a 2x1 e tamén os postos de venda de pezas a cinco euros

Desta maneira, estas prendas reciben unha segunda vida e foméntase un modelo de consumo responsable da industria téxtil, baseado na moda circular como ferramenta de cambio.

A feira contou cunha banda sonora particular de música en directo e tamén incluíu a proxección de vídeos divulgativos sobre o impacto ecolóxico e social da produción téxtil.