A histórica Panadería Pastelería Acuña dará o salto á pantalla cunha nova curtametraxe documental que acaba de iniciar a súa fase de rodaxe.
A obra audiovisual, a cargo da produtora Pixelecer Audiovisual, percorrerá a evolución desta emblemática empresa familiar pontevedresa, co obxectivo de estrearse a finais deste 2026.
Fundada en 1950 por Rogelio Acuña, a panadería converteuse nun auténtico referente na cidade de Pontevedra.
A curtametraxe documental, dirixida por Damián Pazos, explorará este tránsito xeracional a través de tres bloques narrativos: as súas orixes e os duros comezos da posguerra, a actual xestión da 4º xeración, con Andrés Acuña e Jacobo Acuña explicando a súa visión de futuro
Sen adiantar todos os detalles, a peza audiovisual porá o foco en como Acuña logrou expandirse mantendo intacta a súa esencia artesanal.
Ademais, mostrará o firme compromiso da marca coa sustentabilidade, destacando a súa plantación propia de trigo autóctono Caaveiro, e a súa capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías con iniciativas como a súa propia aplicación de pedidos online.
A narrativa combinará un estilo visual cálido con entrevistas en profundidade á familia e empregados, imaxes de arquivo e gravacións do día a día no obrador e despachos.
Cunha duración estimada de entre 15 e 20 minutos, a curta documental pretende pór en valor o papel que a panadería xoga na comunidade de Pontevedra.
A estrea oficial está prevista para finais deste ano en eventos gastronómicos e culturais de Pontevedra, e buscará converterse nunha ocasión especial que celebre que a tradición e a innovación poden convivir para manter vivo o legado local.