Compraches lotería do Arosa SC? Comproba os teus números

O Salnés
16 de decembro 2015

O club presentou unha denuncia ante a Policía Nacional de Vilagarcía pola desaparición dun dos talonarios de Lotería de Nadal. Os números dese talonario quedarán invalidados

Administración número 8 no Centro Comercial A Barca
Administración número 8 no Centro Comercial A Barca / Mónica Patxot

O Arosa SC denunciou na Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vilagarcía a desaparición dun dos talonarios da Lotería de Nadal que puxo á venda.

Trátase do talonario número 121, que pertencía a un dos xogadores da base e que, segundo a entidade, "foi extraviado ou roubado ao seu posuidor orixinal".

Son as participacións numeradas desde o 3001 ao 3015, ambos inclusive.

Os feitos puxéronse en coñecemento da entidade bancaria explicando que os boletos foron anulados, polo que non darán dereito a cobro no caso de que o número 71.184, que xoga o Arosa, resulte premiado no sorteo do próximo día 22 de decembro.