Concedida licenza para un edificio de 14 vivendas na Rúa Mariscal Pardo de Cela

Pontevedra
02 de maio 2023

O Concello de Pontevedra concedeu licenza urbanística para a construción dun edificio no número 9 da Rúa Mariscal Pardo de Cela, esquina coa Avenida Eduardo Pondal

Parcela na rúa Mariscal Pardo de Cela onde se vai construir un edificio PontevedraViva

O Concello de Pontevedra concedeu licenza urbanística para a construción dun edificio no número 9 da Rúa Mariscal Pardo de Cela, esquina coa Avenida Eduardo Pondal.

O inmoble terá un total de 14 vivendas distribuídas en cinco plantas.

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías informou desta licenza aprobada este martes na Xunta de Goberno Local. 

"Falamos dunha construción de cinco plantas, baixo máis baixo-cuberta. Tamén dá cara a rúa Eduardo Pondal, chegando aí a seis plantas", sinalou.

A licenza conta cun orzamento de execución material de 1.512.600 euros.